Polo volumen de preguntas que os asistentes fixeron aos distintos ponentes da xornada de Economía Social organizada polo Concello de Santa Comba este venres 15 de marzo, pódese decir que a xornada foi todo un éxito e que existe un interese importante por esta materia na comarca Xalleira.

Ás 9:45, María Pose, alcaldesa de Santa Comba dou a benvida aos mais de 100 asistentes entre os que se atopaban os alumnos e alumnas dos tres obradoiros de emprego dos que forma parte o Concello así como aos alumnos do curso AFD de Atención Sociosanitaria e ao público que se achegou ás instalacións do Edificio Multiusos.


Seguidamente, foi a quenda de Dani Dieguez, técnico da Rede Eusumo que falou da economía social pero sobre todo da importancia das persoas como centro e motor necesario para que os proxectos funcionen.

A Subdirectora Xeral de Economía e Emprego, Alba Paz, detallou polo miúdo as axudas da Secretaría Xeral de Emprego orientadas a economía Social e, Fernando Rodríguez, coordinador da Rede Galega de Dinamización Xuvenil trasladou aos asistentes os programas que Xuventude pon a disposición dos xoves destacando os Galeuropa e Iniciativa Xove.

Para rematar a xornada, responsables de tres iniciativas emprendedoras, Pastos do Enxilde, Recursos Galicia, e Remendos2014, acompañados pola técnico de formación Cristina Pereira e a directora do Obradoiro Conecta2018, Anabel Piñeiro, contaron polo miúdo a súa experiencia tanto no mundo da economía social como coas novas formas participativas de xestión das empresas.

A alcaldesa clausurou a xornada agradecendo a participación e recalcando a importancia deste tivo de iniciativas como unha oportunidade mais de futuro para abrirse paso no mundo laboral.

Fonte- Nota de prensa do concello de Santa Comba