Cristóbal Mourín//

O portavoz de Compromiso por Santa Comba referiuse aos múltiples comentarios que circulan de cara á sesión de investidura:”Pídolle á xente que espere a que Compromiso por Santa Comba cumpra a súa palabra e despois que digan o que teñan que dicir”.

En declaracións a Radio Xallas, Barbeira insistiu na súa mensaxe:”Temos moi clara a nosa posición.Non vamos a cambiar nada. Imos cumprir a nosa palabra”.

“O que nos queda é ir ao Contencioso”

David Barbeira falou na emisora pública de Santa Comba sobre a polémica da segunda acta que perderon por un erro.

A xunta electoral desestimou a alegación presentada por Compromiso: “O que nos queda é ir ao Contencioso e loitar polo que é noso”.

Compromiso por Santa Comba presentou un recurso e agarda recuperar a segunda acta e que o vindeiro sábado 15 de xuño se poida celebrar o pleno de constitución da nova corporación.