O alcalde de Santa Comba David Barbeira García e a Concelleira de Cultura Cristina Fagín realizarán unha recepción e un recoñecemento oficial a un grupo de 7 xóvenes músicos xalleiros que participaron de maneira activa no Festival Intercéltique de Lorient- Francia, o festival de música Celta máis importante do mundo, que ademáis nesta edición estivo adicado a Galicia. A cita será este xoves 5 de Setembro ás 14:00h no Salón Nobre do Museo Terra de Xallas.

Este acto non será unha recepción só de caracter protocolario, senón que o goberno municipal quere amosar o seu compromiso coa cultura, coa música das nosas raíces, a música tradicional galega. A idea e os esforzos do novo goberno van a ser os de traballar nun plan cultural que abranga varios ámbitos, e o da música tradicional vai ocupar un lugar destacado, cun apoio decidido a tódalas iniciativas da xente que xa está implicada en Santa Comba, e que ate agora foi saíndo adiante desde unha austeridade de medios.

‌Os primeiros pasos deste plan serán unha mellora dos espazos e das condicións no que respecta tanto aos ensaios como para manter e ampliar o vestiario dunha maneira cuidada; e irase traballando para afianzar un proxecto cultural máis amplo e ambicioso a medio prazo, sempre da man e colaborando coas entidades asociativas que teñan estas inquedanzas.

Nota de prensa do concello de Santa Comba