Desde o 9 de outubro ata o 3 de novembro


Este vindeiro mércores, ás 20h, será a inauguración da exposición “Auga. O sangue da terra” do fotógrafo Manuel Valcárcel, no Museo Terra do Xallas. A obra enmárcase no programa Corrente Cultural de Afundación, da Obra Social ABANCA.


Este primeiro día haberá unha visita guiada. Estará operativa ata o 3 de novembro, de luns a sábado de 10,30 a 13,30 e de 16,30 a 18,30.
A mostra pretende concienciar á poboación sobre a importancia do uso racional e responsable da auga.


Reflexión de Manuel Valcárcel


Sobre isto reflexiona o propio Manuel Valcárcel:””A auga, elemento vital ao que quixen render esta humilde homenaxe en comparación co que representa, parte de todo o que somos e todo o que crea. Elemento vital que debe ser motivo de unión e xamais de discordia. Elemento que debemos coidar e protexer porque marcará o devir das xeracións vindeiras, porque quen somos os seres humanos para crernos por encima da nai natureza?, que escultura existe tan bela como, por exemplo, a elaborada pola auga na praia das Catedrais na costa lucense?, ou que viaxe máis simple e á vez máis trepidante, que o dunha folla ao caer ao río deixándose arrastrar pola súa corrente ata chegar ao mar?”.