A secretaria local de Compromiso por Galicia en Santa Comba, Montserrat Almozara Cordeiro, ocupará o posto número seis na candidatura do BNG ao Congreso dos deputados, como consecuencia do acordo ao que chegaron BNG e CxG.
Compromiso apoia electoralmente eo Bloque nas eleccións xerais do 10-N, e incorpora catro persoas nas candidaturas do BNG. Unha desas persoas é a xalleira Montse Almozara que a través das redes sociais valoraba a elección.
Valoración de Montse Almozara
«Unha honra representar o meu partido, a Compromiso por Galicia.En política hai que estar para construír, non para frenar. Nesta ocasión toca unirse con outro partido galeguista para conseguir representación en Madrid e poder loitar polos intereses dos galegos e galegas».
Almozara ocupou o segundo posto na candidatura de Compromiso en Santa Comba e foi elexida no último congreso como compoñente da executiva nacional que lidera Juan Carlos Piñeiro Docampo.