Reproducimos a nota de prensa íntegra

O Partido Socialista de Santa Comba convoca a militantes e simpatizantes para aclarar a situación do goberno.

O pasado domingo 13 de outubro o equipo de goberno do PSOE xalleiro convocou unha reunión para militantes e simpatizantes ante a indignación suscitada no último pleno ordinario, no que o representante de Compromiso por Santa Comba e socio de goberno, David Barbeira, votou en contra en tres das catro mocións presentadas polos socialistas.

O motivo de dita reunión foi a necesidade de resolver as dúbidas dos afiliados socialistas ante a polémica decisión do actual alcalde, que foi percibida como un quebramento do pacto de goberno acadado nas pasadas eleccións municipais.

A percepción destas discrepancias acrecentouse cando a pasada semana o tenente alcalde e representante dos socialistas, José Antonio Ucha, convocou unha xunta de portavoces para acordar o Plan de Obras da Deputación á que si asistiu a representante do Partido Popular, María Pose, pero non David Barbeira. Foi o alcalde quen dous días máis tarde convocou unha nova xunta, ante o desconcerto dos cidadáns e a sorpresa dos medios de comunicación, aumentando a sensación dunha inestabilidade política.

A proposta do portavoz socialista foi a do reparto do Plan de Obras do seguinte exercicio de forma proporcional -46% para PSOE e PP e un 8% para Compromiso, en relación ao número de concelleiros-, o que José Antonio Ucha considera «a forma máis democrática».

Pola súa contra, David Barbeira comunicou aos dous representantes a súa intención de facer o reparto de forma equitativa entre os tres partidos -un 33% para cada un-. Explicada a sucesión dos feitos, levouse a cabo un diálogo aberto entre militantes e membros do goberno, que xustificaron os escasos avances en materia política debido a unha falta de comunicación por parte do seu socio, ante o que os cinco concelleiros presentes manifestaron estar ofrecendo unha “total transparencia que non está sendo correspondida”.

Sen embargo, o equipo declarou estar disposto a continuar con normalidade o pacto de goberno inicial “pola estabilidade de Santa Comba”, sempre e cando a transparencia “sexa mutua