Os alcaldes de Santa Comba, David Barbeira, e de Mazaricos, Juan Blanco, mantiveron unha xuntanza na casa do concello de Santa Comba para avanzar no proxecto “Senda do Xallas”, despois de recibir o apoio da Deputación provincial para a súa execución.

Senda do Xallas

Segundo adiantaron ambos mandatarios, despois da presentación do anteproxecto, agora hai que facer unha memoria valorada e a redacción do proxecto, así como superar os trámites sectoriais.

Tanto Barbeira como Blanco destacaron a importancia de poder desenvolver esta iniciativa ao longo de máis de setenta quilómetros para habilitar un sendeiro visitable coa colocación paneis informativos, limpeza do traxecto e outras actuacións nun treito que conta cunha importante proxección turística.