O pasado sábado 22 de febreiro a agrupación Socialista de Santa Comba celebrou a súa tradicional Festa do Cocido, a número XII. Nesta ocasión os militantes e simpatizantes do partido reuníronse na cafetería restaurante San Rafael, e serviu de novo como un punto de encontro no que demostrar a unión política e o respaldo co que conta o equipo actual de goberno.

O evento, que reuniu arredor dun centenar de simpatizantes, serviu para estreitar lazos e apoios entre simpatizantes e outros candidatos socialistas de concellos veciños, como Zas, A Baña, Negreira, Santigo de Compostela e Mazaricos, entre outros.

XII Festa do Cocido do PSOE Santa Comba

O candidato socialista e actual Tenente Alcalde, José Antonio Ucha Velo, foi xunto aos demais membros do goberno o anfitrión do evento, que agradeceu a asistencia de todos os presentes un ano máis. Durante a súa intervención quixo recordar: “Nas pasadas eleccións municipais tivemos que tomar unha dura decisión, pero volveríamos a facelo. Porque nós non somos coma os demáis: o noso deber prima sobre calquera tipo de interese propio. Xa o demostramos e seguiremos facéndoo sempre gracias ao voso apoio”.


A agrupación tamén quixo aproveitar a ocasión para homenaxear a un dos seus membros con maior traxectoria da agrupación, Ángel Souto, agradecendo a súa axuda durante os últimos vinte anos e o «apoio incondicional, aínda nos momentos máis duros».

Nota PSOE Santa Comba