Escrito do alcalde ás compañías telefónicas// Esta é a nota de prensa do concello.

Por mor das queixas recibidas nas últimas datas, o concello de Santa Comba solicitou ás compañías telefónicas unha solución, “aínda que sexa de maneira provisional”, ás deficiencias existentes na cobertura da internet, en distintas parroquias xalleiras.


Nun escrito remitido polo alcalde, David Barbeira, úrxense medidas para que moitos traballadores e traballadoras do municipio poidan desenvolver os seus labores profesionais sen sentirse “desprotexidos ou abandonados”, e en igualdade de condicións cos doutros cidadáns do resto de España.


Desde o concello de Santa Comba lémbrase que estamos a vivir unha situación excepcional, que está a obrigar a moitas persoas a recorrer ao teletraballo ou a realizar distintas xestións por vía telemática, o que require un esforzo por parte de todos, incluídas as empresas de telecomunicacións.