O alcalde de Santa Comba valorou a xuntanza mantida coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, sobre o proxecto da estrada AC-406, Santa Comba-Portomouro.

Para o alcalde de Santa Comba:”É unha vergoña que unha vez máis o xalleiros non estemos dentro das prioridades da Xunta de Galicia e que levamos máis de 10 anos á espera de que se mellore esta estrada”.

Tamén recalca que “Santa Comba sofre un despoboamento cada vez máis acelerado e que non é obxecto de preocupación para o goberno autonómico, xa que condiciona a continuidade da obras da estrada á concesión de fondos do Plan de recuperación do Goberno Central e o compromiso do goberno da Xunta coa estrada de Santa Comba-Portomouro ven de moitos anos antes que a existencia da pandemia”.

Para David Barbeira o encontro telemático do pasado luns foi “vacío de contido, de moitas contradiccións ao longo da videoconferencia acerca de se existe ou non proxecto redactado da seguinte fase e considera que os veciños de Santa Comba teremos que comenzar a movilizarnos para conseguir unha vía de comunicación equiparable ao resto de Concellos da Contorna da Capital”.

O rexedor xalleiro comenta que dende o goberno municipal “apoiamos e apoiaremos sempre calquera tipo de financiación”.

David Barbeira en Radio Xallas

O alcalde de Santa Comba, David Barbeira García, intervirá este xoves no programa radiofónico “Na Encrucillada” de Radio Xallas a partir das 12,00h.


Segundo informan desde a emisora pública xalleira haberá “ a posibilidade de trasladarlle as preguntas que nos faga a audiencia, pero por cuestión de organización do programa, recolleremos as preguntas que se formulen ata as 10,30 da mañá deste xoves”.Ben por Whatsapp 693287749 ou por correo electrónico radioxallas@yahoo.es