ALEXANDRE ANTELO :” Toja é un manipulador. O BNG aportará transparencia e honradez”.

 Alexandre Antelo Noya volve a ser candidato do BNG. Asegura que:“O noso obxetivo electoral é darlle a volta a situación política. A política en Santa Comba está desprestixiada pola xestión de dazaseis anos do Partido Popular. Queremos aportar trasparencia e honradez”. Sobre a xestión do goberno de José Toja opina que “O goberno do Partido Popular só persegue intereses personais e non fixo caso das aportacións da oposición” Tamén opina que a verdadeira alternativa está no Bloque xa que “o único programa de goberno completo é o do BNG,  e pido ós veciños que comparen as propostas coas démais listas”. Por último dirixe unhas verbas contundentes o actual rexedor: “O señor Toja está desgastado. É un manipulador e quere seguir no goberno para continuar exprimindo as arcas do concello”.