JOSE ANTONIO UCHA: ” Toja esgotou o seu ciclo político. Necesitamos un alcalde socialista”

José Antonio Ucha Velo ven desempeñando a portavocía municipal do grupo socialista e nestas eleccións preséntase como alcaldable. Ucha defende a idea de que “un cambio é necesario por saúde democrática. Toja esgotou o seu ciclo político e necesitamos unha renovación. Levan demasiados anos e están corrompidos”. Tamén está convencido de que o PSOE aprobou no seu papel de oposición e “somos alternativa de goberno”.Con respecto as primeiras accións que realizarían a fronte do executivo ténno moi claro:” Temos un déficit galopante e cun remanente negativo de 833.000 euros . Débese sanear ó concello e despois esixir as responsbilidades desta xestión irregular do goberno de Toja”. Desde o seu punto vista, o concello está desvertebrado en infraestucturas e comunicacións, no “furgón de cola do crecemento económico” e en condición de “desventaxa”, cos concellos limítrofes. Ucha Velo cree que un alcalde socialista sería bó para Santa Comba, porque aproveitaría a conexión cos gobernos da Xunta e do Estado.