Dous alcaldes do PP sufriron un importante batacazo nos seus concellos. Antonio Domínguez(Cee), e Alberto Blanco(Muxía). Precisamente en dúas prazas nas que os propios dirixentes do Partido Popular confiaban en respectivas maiorías absolutas. Os dous rexedores protagonizaron polémicas entorno a xestión urbanística nesta lexislatura.
O golpe máis duro foi para Antonio Domínguez, que colleitou un fracaso incontestable. Perdeu as eleccións fronte a socialista Amancia Trillo, baixou tres concelleiros e case 800 votos. De 7 edís agora ten 4 logo da derrota do domingo. O PSOE ten 4, o BNG pasa a 2, e os independentes de Ramón Vigo son chave con tres actas. Cada formación sube un escano a costa dos populares. Vigo Sambade arranca o tempo de negociacións pedindo a alcaldía.
En Muxía, a situación é menos caótica, pero o PP tamén fracasa. Quédase con 6 edís a un da maioría absoluta, aínda que só perde uns 120 sufraxios. O PSOE de Félix Porto é o gran vencedor subindo de 4 a 6 representantes con case 500 votos de aumento. O BNG baixa en votos, pero mantén unha acta para Lucía Gerpe que consolidará un pacto PSOE-BNG e manda a Alberto Blanco e o seu equipo para a oposición.