Antelo e Borbujo

Anosacosta convidou os voceiros municipais do PP e do BNG en Vimianzo a que nos ofreceran a súa visión sobre as negociacións que houbo entre os dous partidos. Carmen Borbujo e Manuel Antelo non fallaron e nos remitiron un pequeno comentario redactado da súas propias prumas. Hoxe poñemos a disposición dos nosos lectores a explicación sobre un dos temas de máis actualidade e polémica. A ver quén nos convencen máis.

" O BNG EVITOU O CAMBIO"
O PP de Vimianzo tratou de buscar un pacto de goberno co BNG, e mantivo moitas conversas estudando  esta posibilidade e propoñendo acordos para buscar o cambio político. O PP só buscou un pacto co BNG, mentras este grupo tratou co PP e co PSOE, tras un acordo PSOE-BNG en Santiago. Ante as presions do seu partido, o BNG evitou o cambio, o señor Antelo só se preocupa pola sua propia carreira política. BNG propuso a alcaldía para eles, o PP dixo: "a alcaldía para o PP, os cargos e soldos para o BNG",. Cando o BNG acepte unha alcaldía do PP, o cambio político esta feito. ¿Qué contesta a isto o BNG? ¿esta disposto a facer unha moción de censura co PP? Esa á a cuestión, e demais é demagoxia.(Carmen Borbujo Martínez).Portavoz do Partido Popular de Vimianzo.