Muxía agarda outra Virxe da Barca multitudinaria

Por o 5 septiembre, 2017

O cartel festeiro da  romería da Virxe da Barca  composto entre outras pola orquestra Panorama, que está de xira co seu Dreams Tour.

 

O venres 8 de setembro terá lugar a primeira das verbenas da vila muxiana con Ceniza(que actuará xa na sesión vermú), Fania Blanco Show e a discoteca móbil CDC. O sábado 12 a orquestra Panorama, Gran Casino e CDC encargaráse da música. Antes Gran Casino actuará na sesión vermú. Nesa noite como é costume non faltará a popular sesión de fogos artificiais.

 

O domingo 10 La Ola ocuparase da sesión vermú e pola noite compartirá esceario con Costa Oeste. O domingo terá lugar a procesión da Virxe da Barca despois da misa das 12,30. As 14,30 será o momento da “maior traca de bombas de toda Galicia”.

 

Os festexos rematarán o luns 11, coa orquestra Principal (tamén na sesión vermú) e Armonía Show.

 

orquestapanorama

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login