Gestibérica Vigo, 49 AGENCIA A-M, 73
Parcial cada 10 minutos: 15-20;28-35;39-54;49-73

Gestibérica Vigo (15+13+11+10): Fernández, Pérez (10), Nico ( 5), Isma (4), Aldea (7)-cinco inicial-Rodríguez , Ros (8), Alcalde (2), Martínez (2), Pérez (11) e Martínez

AGENCIA A-M (22+17+26+15): Diego Brandón (6), David Prieto (5), Ariel (20), Juane (25), Oscar (1)- Cinco inicial- Diego Álvarez (2), Diego Calvo (10) e Juan Cariacedo (4)

ÁRBITROS: Rodil e López, ambos de Lugo). Excelente labor nun partido sen eliminados e no que sancionaron con 24 faltas ós tudenses e con 17 ós baieses.

INCIDENCIAS: Cerca dun centenar de aficionados nas gradas do pavillón municipal de Tui, destacando a presencia do ex delegado do Goberno en Galicia, o señor Diz Guedes.
Suma e segue este Agencia AM; quinto partido consecutivo onde suma un triunfo ( novo record do club), terceira victoria consecutiva fóra da casa (novo record) e por fin se gañaba en Tui. Xornada redonda para un equipo que se plantaba na fronteira con Portugal con tres importantes baixas, Deber, Chavi e Adrián Martínez e que non saiu líder tras a quinta xornada pola victoria do equipo da Estrada ante o Liceo, sendo agora mesmo, estradenses e baieses os únicos equipos invictos trala derrota de Noia en Ourense.
O partido, pese a diferencia final de 24 puntos, non foi fácil para o equipo de Baio, sobre todo no inicio do partido, onde os locais tiñeron os seus mellores minutos gracias a aportación e sabia dirección do local Nico. Se lle engadimos as dúas faltas persoais de Oscar e de Ariel, cando só iban cinco minutos de xogo, as cousas poñíanselle complicadas ó equipo do Agencia AM. Pero nesa situación complicada, apareceron Juane (20 puntos na primeira metade) e David Prieto ( 16 rebotes en todo o partido, noven a primeira parte) para tirar do equipo. Mediado o segundo cuarto, cunha ventaxa de 15 a 30, o equipo relaxouse e isto foi aproveitado polos locais para achegarse no marcado (28-35). Quedaba a dúbida de saber como entrarían o naranjas na segunda metade e a entrada foi espectacular, cun parcial de 3 a 11 e cun xogo de libro dos pivots, onde Ariel impuxo ós seus galóns nas dúas zonas e onde Prieto e Álvarez facían o que querían  Con quince puntos arriba, o último cuarto sobrou; os xogadores de Cristina Otero intentarono, sobre todo o seu base Niebla, pero a defensa baiesa voltou a rozar a perfección e o partido discurriu sen ningún sobresalto ata ó final.