Novas

Vilar de Céltigos gaña a Liga de Santa Comba

Por o 11 Abril, 2017

Vilar de Céltigos, campión da Liga de Fútbol sala do concello de Santa Comba

 

Subscribete a ANOSACOSTA!

Escribe aquí tu dirección de correo electrónico y recibirás nuestra boletín - GRATIS !!!

Despois da vitoria o pasado 20 de marzo contra Cervecería O´Boguiña o equipo celeste tiña todo a favor para ser o campión.

 

Pero non podía fallar. E non fallou. Este luns derrotaba ao Bar Fontana por 6 a 2 e conseguía o campionato. Rematan a competición con 18 vitorias, tres empates e dúas derrotas, sendo o equipo máis goleador con 150 tantos anotados, por 66 recibidos. A segunda praza é para Cervecería O´Boguiña.

 

Roly, o máximo goleador da competición

 

Vilar de Céltigos

 

O Vilar de Céltigos está formado por Francisco Rial González, Álvaro Pose Antelo, Eloy Rodríguez Prol, Esteban Novás Varela, Ovidio Suárez Fandiño, Pablo Riveiro Romar, Manuel Suárez Fandiño, Cristian Hermida Blanco e Braulio Vecino Tomé. Pablo Riveiro “Roly” é o pichichi da liga.

 

 

Desde Anosacosta queremos expresar a nosa noraboa aos campións e tamén o noso agradecemento á Concellería de Deportes de Santa Comba pola súa colaboración para poder realizar a cobertura desta competición. Tamén agradecemos a axuda especial de Alberto Romar. Vémonos na Copa!!

 

 

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *