Image

O mércores o Agencia AM de Baio xogará o sexto partido( 4 victorias e 1derrota) de pretemporada ante o Recimil de Ferrol. O encontro terálugar no Pavillón Municipal de Caranza (Ferrol), comezando ás 21:00horas
Os dous equipos seguen coa súa preparación para o comezo de liga. Osdepartamentais, dirixidos por un vello coñecido da afición baiesa,Jorge López Mosquera ex –adestrador do Agencia AM, militarán porsegunda temporada consecutiva na 1ª Nacional. Con importantes baixas ealgunha que outra “espantada”, os ferroláns contan con manter acategoría nun ano que non vai a ser nin moito menos doado. Os dousaleros, Tono e o carballés Rubén son dous dos seus xogadores máisperigosos.
Os baieses manteñen a súa liña de toda a pretmporada, co mesmo númerode adestramentos que de partidos. O do mércores será o sexto, nuncapretemporada que está semana chegará o mes de duración. A boa nova dasemana é a incorporación de Diego Calvo a rutina do grupo: o base deBuño non puido facer a pretemprada ó mesmo ritmo que os seuscompañeiros por mor das súa obrigas laborais. O obxectivo de Moreira ede Lee para este compromiso e mellorar o xogo en estático do equipo,moi irregular ata a o día de hoxe.
Para o partido do mércores, os xogadores convocados son:
Bases: Óscar e Diego Calvo.
Escoltas: Adrián Martínez e Diego Brandón
Aleros: Juane e Juan Carracedo
Ala/pivots: David Deber e Chavi
Pivots: Diego Álvarez, Ariel e David Prieto