Primer partido de temporada

Universidade de Vigo, 53 AGENCIA A-M, 80

Parcial cada 10 minutos: 11-22;22-39;35-65;53-80

Universidade de Vigo (11+11+13+18): Lerma (1), Fernández (5), Juan (11), Domínguez (10), Álvarez (3)-cinco inicial-Vidal (8), Reigosa, De Vicente (9), Gregorio (2) e Carrera (4)

 

AGENCIA A-M (22+17+26+15): Diego Brandón (8), David Deber (3), Ariel (5), Juane (26), Oscar (3)- Cinco inicial- Diego Álvarez, Diego Calvo (3), David Prieto, Juan Carracedo (6), Adrián Martínez (6) e Chavi (20)

 

 

ÁRBITROS: Estevez (Ourense) e Baena ( Arousa). Eliminaron por faltas ó local Reigosa e ós visitantes Diego Álvarez, David Prieto e Ariel Esmorís. Sancionaron con 24 faltas ós locais e con 28 ós baieses Correcta labor, aínda que excesivamente rigurosos na sinalizacón das faltas (52 en total)

 

INCIDENCIAS: Pouco público nas gradas do pavillón universitario de Vigo; menos dun centenar de persoas para ver o partido inaugural da liga.

Non pudieron comezar mellor as cousas para os baieses; primeiro partido de liga fóra da casa e primeira victoria, ademáis dun xeito rotundo e contundente. Con toda a plantilla ó completo, os xogadores do Agencia AM, que por certo estrenaban nova indumentaria, pasaron por riba dun equipo tremendamente inexperto e con moi poucos argumentos para prantarlle cara ós baieses. Se sacamos a Juan Crujieras, ó resto do equipo aínda lle queda un longo camiño para poder sacar os partidos para diante.A diferencia de vintasete puntos finais quedase incluso corta para explicar as diferencias entre os dous equipos. E iso que os baieses non coemzaron nada finos o partido e incluso os locais se adiantaron cun 4 a 0 nos primeiros tres minutos. Pero a partir dese momento, os xogadores de Moreira e de Lee deronse conta de que o rival non era nin moito menos temible, e comezaron a anotar canastas moi fáciles. Entre o minuto catro e o minuto sete, o parcial foi de 0 a 14, diferencia que non deixaría de aumentar ata rematar ó cuarto. Con todos os xogadores disputando minutos, o rtimo dos de Baio non baixou tanto en defensa como en ataque, o que propiciaba as perdas dos locais e os contraataques claros que facían que a diferencia seguese aumentando (13-32, min.15) ata cegar ó descanso.

Tras o paso polos vestiarios, dúas canastas consecutivas dos locais, “apretaban” o marcador (26-39), pero tan só foi un espexismo, pois tres triples de Juane e dúas canastas de Adrián Martínez voltaban a poñer o marcador por riba dos vinte puntos (31-52, min.25). De aí ata o final as diferencias no marcador cegaron a superar os trinta puntos e só a relajación dos baieses impediu un tanteo de escándalo.

O MELLOR: A participación dos once xogadores baieses, por primeira vez na temporada.

O PEOR: O excesivo número de balóns perdidos (18) e as faltas cometidas (28)