Parcial cada 10 minutos: 14-6; 33-21;61-32;73-48

AGENCIA A-M (14+19+28+12): Oscar(5), Brandón (8), Ariel (15), Juane (16), David Deber (3) -cinco inicial- Diego Calvo, Chavi (8), Diego Álvarez (6), Juan (5) y Adrián Martínez (7)

GAYOLO BETANZOS (6+15+11+16):Espiñeira (3), Bruno (14), Rubén, Toni (8), José (2)-cinco inicial-Chema (4), Pablo (8), Barallobre (9)

ÁRBITROS: Cudilleiro( Ferrol) e Rivadulla  (Arousa). Ben. Sancionaron con 16 faltas ós locais e con 17 ós visitantes

INCIDENCIAS: Preto de cen persoas se deron cita no Pavillón Municpal de Baio. Minutos antes do comezo do partido, Carlos Gavín, propietario de Frutas Gavín entregoulle a Ariel Esmorís o trofeo que da o seu negocio ó mellor xogador do equipo da temporada pasada.
Seguen os baieses co seu ritmo e nova victoria, neste cao nun derbi, frente a un dos equipos que conseguira a victoria na primeira xornada, o Gaylo de Betanzos. Pero os xogadores de Jaime non foron rivais para uns baieses, que só se mostraron dubitativos no inicio do partido. Nese tramo, nos primeiros cinco minutos, os locais actuaron con moita precipitación e con moitos tiros claros errados de xeito incomprensible. Pese a eses erros, as diferencias eran favorables para os locais, iso si, nunca superiores ós oito puntos. Pero foi axustar un pouco máis a defensa (a presión e a zona2-2 atragantaronselle ós betanceiros) e comezar a correr e dispararse as diferencias ata os 32 puntos que sinalaban o marcador ó remate do terceiro cuarto. O equipo neses tres primeiros cuartos mostrouse moi compacto e serio, non existindo diferencias cando os adestradores locais facían os cambios. A presión permitiu moitas canastas fáciles e momentos de bo xogo.No último cuarto, a relaxación dos locais permitiu ó xogadores de Jaime reducir as diferencias, que chegaron a ser de 16 puntos a catro minutos de rematar o partido. Os locais estiveron cinco minutos sen anotar unha canasta nese periodo pero cara a parte final, outra vez unha boa actitude defensiva permitiu anotar con fluidez e manter as diferencias no marcador.