O Ponteceso de Bardanca convírtese no novo líder da Segunda autonómica da Liga da Costa, logo da remontar no seu feudo un gol adverso do Sofán e rematar vencendo este encontro por 2 a 1. Os pondalianos son o único clube que ainda non coñede a derrota nesta competición, e aproveitase da derrota do Cee en Louro. O Baio tamén caía en Corme. O partido entre os dous últimos clasificados, Camariñas e Carnota, non serviu para que ningún dos dous equipos escapara da súa situación, posto que houbo reparto de puntos.

Camariñas-1- Carnota-1-

 Moitos agardábamos  este partido para ver  quén se quedaría  co faroliño vermello da Liga Costa, e onde seguiría medrando durante unha semana as herbas da polémicas e destas minicrises. O Camariñas comenzou forte e ós sete minutos xa ía por diante cun gol de Alex. Logo reaccionou o Carnota e empatou por medio de Tropi. No segundo tempo o fútbol emigrou do municipal de Vimianzo en el quedaron tan só os equipos e os seus siareiros.

 

Esteirana-0-Fisterra-0-

O Fisterra non poido romper o muro dos blaugranas en A Salina, e o marcador non se estrenou. Dominio dos fisterráns sobre todo ni primeiro tempo. Logo a Esteirana tamén tería algunha ocasión.

 

Monte Louro-2-U.C. Cee-1-

 

O Cee perdía o liderato e a imbatibilidade na Agra da Filgueira. Saian sen tres puntos e moi enfadados e protestando os dous goles do Louro e outras xogadas polémicas. O encontro foi moi disputado e no descanso o marcador reflexaba a victoria dos locais mediante un gol de Manolo. Manolín optou por situar no campo a Yanki, que anotou un gol que foi finalmente anulado. O mesmo xogador foi protagonista doutra xogada anulada cando estaba só diante do porteiro Juan Carlos. O empate cegaría por obra de Fran, e cando todos semellaba o reparto de puntos, chegaba no desconto o tanto de Pedro, que os censes criticaron porque entenderon que o xogador do Monte Louro estaba en posición antiregulamentaria. O Monte Louro impoñíase a un Unión Clube Cee que deste xeito cede o liderato ó Ponteceso.

 

Corme-3- Baio-1-

 

O Corme aproveitou a súa inspiración para derrotar os homes de Javier Lodeiro. Comenzaba Felipe enganchando unha volea desde fora da área que penetrou sen compaixón na portería de Trucho. Na segunda mitade Diego Costa empataba aproveitando o saque dun corner.  Pero nos dez minutos finais, Brais e Felipe dirimirían a contenda a prol dos percebeiros.

 

Nantón-1-Muros-0-

 

Un gol de Manolo do Cruceiro no minuto 12 , ante un Muros que buscou con intensidade algo positivo nas Fontiñas. Pero os de Calabanda a pesares dos apuros, e da boa actuación do meta Ernesto,suman tres puntos moi sabrosos.

Malpica-1-Castriz-1-
Partido igualado, reparto de puntos e máis ocasións para o equipon de García Cancela. No minuto 20, o malpicán Manuel lanzaba un bazokazo desde lonxe que limpaba a telaraña situada na escuadra da portería de David. Dez minutos despois empataba Suso para o Castriz, e cadaquén se quedaba con un punto.

Buño-3-Porteño-0-

O Buño gañaba a partida ós da Ponte do Porto con tres goles de Mario, Víctor e Richard, anotados nos minutos 30,60 e 85 respectivamente.  Os oleiros demostran eficacia, acerto e un bloque compenetrado que pode este ano dar unhas cuantas ledicias a súa parroquia.

Ponteceso-2-Sofán-1-

 O Ponteceso é o novo líder da categoría, e aínda que é moi cedo e a plantilla móstrase moi prudente, tódalas miradas apuntan as terras do poeta Pondal, cando falamos dunha alternativa ó auto-postulado favorito, Unión Clube Cee. E onte os de Bardanca gañaban o seu partido e seguen invictos. Pese a todo, os de Sofán non foron a Ponteceso de comparsa e apretou bastante, incluso se adiantou cun gol de Pizo no 31. O mesmo Pizo tería o lance desafortunado de marcar en propia porta. E foi Toniño o que culminou un centro de Carlos, que suponía o 2 a 1 final.