Image 

Os compañeiros de Punto Radio-Noroeste contaron a novidade. O Santa Comba C.F.  reforzouse cando o prazo estaba piques de expirar. E parece que o clube que preside José Gerpe acertou na elección. Trátase do dianteiro Luís Bragaña Álvarez,que chega a Terra do Xallas a aportar esforzo e a poder ser….goles.

Luís Bragaña  procede do Estradense, que milita na Preferente Sur, onde rematou a primeira volta con once goles. Luís, que xogou no Compostela, é un dianteiro centro corpulento, que pode ser moi válido no ataque. Luís ocupa a ficha de Roberto Piñeiro.