Oito clubes participarán no IV Trofeo Neria de fútbol . O balón comenzará a rodar as seis da tarde do próximo 10 de agosto. O actual campeón da Copa da Costa, o Ponteceso recibirá no Pinguel o Muxía, que ven de fichar coma adestrador a José López Marcote "Manín". No Novo Cubaleiro, O Corcubión mediráse ó potente Sporting Zas, que milita na primeira autonómica. Moi preto, no Ara Solís fisterrán o conxunto da fin do mundo xoga un clásico contra o actual campión de Liga, o Unión Clube Cee. E por último, outra partidazo, Sonería-Dumbría, no municipal de Vimianzo. As eliminatorias serán a partido único. As semifinais xogaránse o 17 de agosto, e a gran final unha semana despois, o domingo 24.

Con respecto tamén a Liga da Costa haberá novos inquilinos nos banquillos. O xalleiro José Manuel Calvo Mata adestrará o Castriz, Fran Cousillas ó Baio, Esteban Blanco sustitúe na dirección da S.D. Castriz ó veterano Manuel García Cancela, o muxián Juan Cortés "Papi" será o técnico do Camariñas, e un palilleiro Pepucho, dirixirá ó Porteño de Ponte do Porto.