Image

José Ramón Río Pazos falou en "Noroeste-Deportivo" de Punto Radio (107.9FM). Cree que a derrota do Castriz pode servir de estímulo, e agarda con ilusión o derbi xalleiro que se disputará o vindeiro sábado en Fontenla. Asegura que os verdinegros teñen ó mellor xogador da liga: Jesús.

Jota soe falar con claridade. Considera que o Castriz non debe relaxarse se quere aspirar o título e opina que a derrota co Sofán "serviunos para baixar os fumes.Nesta liga non hai nin grandes nin pequenos. Temos que empezar a ser un equipo de riba para abaixo. Desde os directivos ata os xogadores".

Sinala o Sofán coma un dos tres aspirantes, en principio:

"O Sofán é un dos mellores equipos da Liga, é moi competitivo e é un dos aspirantes para estar arriba. Creo que xunto con Ponteceso e Castriz, forman o grupos de tres favoritos". Con todo isto,Jota percibe unha competición moi disputada e entende que "a partires de Janeiro veránse os verdadeiros favoritos".

Image

O bravo futbolista encara a vindeira xornada coma un "día especial", "porque xoguei no Xallas e teño moitos amigos alí". E afirmaron valentía: "O Xallas ten o mellor xogador da Segunda Regional con diferencia, que é Jesús.

ULTIMA HORA DE ANGEL PEREIRA:

O presidente do Santa Comba, José Gerpe confirmaba que o cancerbeiro Angel Pereira segue na UCI do Hospital Juan Canalejo en estado de coma, e sen evolucionar, estable dentro da gravidade.