Image
Este sábado disputáronse algúns encontros da Liga da Costa, e que derivaron na victoria a domicilio da S.D. Castriz  en Malpica, o empate na casa do Xallas e a victoria do Santa Comba cadete.Máis información no interior da noticia.

O Castriz segue tentando achegarse ó líder Ponteceso. E traía tres puntos da súa visita a Malpica. Os de Esteban Blanco gañaban por 0 a 2 con goles de Noly e Sebas. No outro encontro adiantado, Xallas e Fisterra empataban sen goles en Fontenla.

Nesta xornada destacar a importante victoria dos cadetes do Santa Comba que militan na Liga Galega. Lograban vencer nun partidazo ó Deportivo por 3 a 2. Os goleadores xalleiros foron Víctor, Darío e Marcos Martínez.