Image
Ofrecemos unha análise sobre os resultados da Liga da Costa  e a situación actual da competición. Cun Ponteceso máis firme, e incógnitas por despexar na zona baixa. E xa estamos no treito final e hai preguntas por respostar.Sobre todo na parte baixa, tanto polo final da película coma polo que poidamos heredar da primeira autonómica.

Coma quen  se ve arrastrado polo vento e non pode evita-lo. Queren pero non poden e o veredicto do destino está moi próximo. Permítanme que hoxe comence polos clubes da zona baixa, porque o liderato da clasificación está cada vez máis claro e o Ponteceso cabalga firme rumbo e meta.

Parece unha película de humor. Os tres últimos empataban e os dous que están por riba sumaban unha nova derrota. Os dous que nestes momentos teñen menos puntos e máis posibilidades do descenso directo, xogaban un partido moi importante. No novo Cubaleiro, Corcubión e Santa Comba B empataban nun partido trepidante, con tres goles para cada bando, pero non solucionaban ningún dos seus problemas e seguen igual, coa auga ata o pescozo e con menos tempo de chegar a ribeira. Estas táboas non eran aproveitadas polo Malpica que tamén empataba, e  na casa, fronte ó Corme. E os outros dous clubes que queren escapar de posibles problemas de efectos cascada ou dunha miragosa reacción dos últimos, perdían nesta xornada. Falo do Fisterra, que caía na casa do líder e do San Lorenzo que sucumbía no derbi bergantiñán contra os veciños de Sofán. Así as cousas, a cousa arde na zona baixa. San Lorenzo, 27 puntos, Fisterra, 24, Malpica,20, Santa Comba B, 17 e Corcubión, 14.

Image

E o dito antes, O Ponteceso segue sumando os puntos e buscando o campionato de maneira matemática, porque aínda que os de Bardanca arrecenden xa fragancia de vencedores, queren que sexan as matemáticas as que avalen algo que xa se da por feito.Ganaban ó Fisterra, e tamén ofrecen agasallos visuais os espectadores. Se o Almirante Torrado xa nos obsequiou cun par de golazos, nesta ocasión o gol da tarde era cousa de Toniño. Tamén marcaban Torrado e Cano. E o Muros consolídase coma o segundo clasificado, e segue a dez puntos do líder. Superaban en Miraflores o Castriz. Un Castriz que xa ten ó seu carón o Porteño, culminando a súa excelente tempada e que neste domingo derrotaba ó Carnota. E para completar a xornada o Monte Louro salía vapuleado de Santa Comba por 6 a 0 fronte o Xallas, e o Camariñas sumaba tres puntos no Platas Reinoso de Baio. Da vindeira xornada falamos mañán.

XOSÉ MANUEL LEMA