Image
A   Sociedade Deportiva Soneira  proclamouse campión da Copa da Costa logo do empate acadado no encontro de volta no municipal de Vimianzo. En Ponteceso gañara o Soneira por 0 a 1.

O gol de Víctor García no partido de ida valiulle ó equipo que preside Juan Silva Jallas para gañar a prestixiosa Copa da Costa 2009. No encontro de volta  o marcador non se moviu e rematou co 0 a 0 inicial.

Deste xeito, Soneira é o novo campión da Copa, e o Ponteceso (vencedor do ano pasado) queda finalmente como subcampeón.

foto da web siguetuliga.com