Image

O Santa Comba non poido superar o Areas e complícase a tempada. Pola súa contra o Bergantiños sí logrou a victoria. Tamén falamos da Preferente e na Primeira Autonómica.

O Santa Comba perdiu un dos encontros que Gelucho denominaba como da liga dos xalleiros, contra un rival, o Cultural Areas que levaba oito xornadas sen gañar. E parece ser que os laranxas tampouco fixeron méritos para gañar. Caían por 2 a 0 no campo da Lomba e agora xa asumen a penúltima praza en solitario e padecen o feito de que un rival directo se lles escape. 

O que anda máis fino é o Bergantiños. Visitaba a un Ciudad de Santiago en plena crisis e traía os tres puntos cun solitario gol de Moreira, que dan tranquilidade en Carballo. A outra cara da moeda é o Negreira que sucumbía na casa por 0 a 3 fronte o Cerceda, con goles de Xaco, Felipe e Fran Castaño. De tódolos xeitos o Negreira ten seis puntos máis co Santa Comba e está nunha zona cómoda polo momento. Para a vindeira fin de semana, interesante duelo entre Bergantiños e Negreira, e un partido que supoñemos que será xa para gañar. O Santa Comba recibe o pechacancelas, Verín. Agora xa non se pode volver fallar coma esta fin de semana pasada.

Image

Con respecto a Preferente grupo Norte, un desacertado Laracha empata sen goles na casa fronte o Flavio e segue na zona media. O Dubra afúndese despois de perder en Bembibre fronte o Mesón do Vento por 1 a 2. O gol local era materializado por Juan Kilo. O Dubra comparte a última posición con outros dous clubes. A vindeira semana os nosos representantes terán partidos fora, o Laracha fronte o Xove Lago e o Dubra contra o Sporting Sada.

E na Primeira autonómica comenzamos dando o pésame o míster do Soneira, Manolito Leis, polo recente pasamento do seu pai, que en paz descanse.Importante triunfo dos soneiráns en Elvira, onde superaban o Orillamar por 1 a 2. Víctor García marcaba os dous, logo de dúas asistencias xeniais de Vía Rápida. E o Unión Clube Cee tamén vencía o San Tirso (2-1), nun partido onde non faltou o penalti ejecutado por Miguel Riveiro, un despiste clamoroso do cancerbeiro Mingos e a sentencia final a cargo de azul e brancoBerto.  E con goles de Luisito e Llanero o Dumbría pescaba tres puntos en Calo. Tres victorias dos nosos e un empate. O do Ponteceso en Arteixo(2-2-). Marcaban Rubén Rama e Dani Pallas.