Image
O dianteiro verdinegro Ventura marcou o gol da victoria do Xallas en Zas. Anosacosta falou con él.

Entrou no segundo tempo,  moveuse rápidamente, dispuxo de varias ocasións e transformou un gol de estupenda factura. Ventura respostou as nosas preguntas.

P-¿Qué che pareceu o encontro contra o Zas?
R- Douse  un resultado moi axustado, aínda que dominamos máis o partido e tivemos mais ocasión foi un partido moi bonito e completo e o final conseguimos o noso obxetivo que era gañar.

P- Saiches no segundo tempo e marcaches. Un gol cun sabor especial.¿Non?
R-Si, sobre todo cando por circunstancias o adestrador decidiu cambiar a alineación. Eu confío nel, e non estaba para xogar desde a primeira parte. Saín na segunda e fixen o que tiña que facer como o resto do equipo.

P- Victoria importante para loitar polo título
R-O noso obxetivo é loitar para consegui-lo.  A ver que se pode facer. O fundamental foi non alonxarnos do primeiro posto, máis que nada.

P- Por certo, houbo que agardar case 80 minutos para ver un gol
R-Hai que aguantar, as ocasions chegan un dia acertas e outros non

P- ¿A quen lle adicamos o gol?
R-Quero adicar este gol a directiva e a afición do Xallas. Eu estou moi comntento neste equipo.

A PORRA DA LIGA DA COSTA-

Esta semana celebrouse unha nova porra da Liga da Costa. Se queres participar consulta o banner da Porra Futboleira que hai na sección de Deportes.

Esta semana o usuario Xusiño foi o gañador con 30 puntos, por diante de aracne (28), Abilleira(24), e Bettyboop, el Fabas e Tornistelroy con 22. Con 18 puntos, quedaron Ricardo e Radio Xallas, o líder da Porra que volveu a pinchar.

Clasificación

1- Radio Xallas – 246 puntos
2- Aracne          –  235
3- Abilleira        – 228
4- Bettyboop      – 220
5- El Fabas         – 199
6- Sharky            – 198
7- Giorgio           – 176
8- Xusiño             – 175