Image
Empezamos un novo ano futbolístico e remtaouse a primeira volta da Liga Da Costa.

Rematou a Primeira Volta co Sporting Zas coma conxunto máis destacado e con cinco puntos de diferencia sobre o segundo clasificado que é o Xallas, que conseguiu derrotar o colista e aproveitouse da derrota do Camariñas en Muros. O Zas é o máximo goleador con 44 dianas e o menos goleado con 12. Na relación de equipos materializadotes séguenlle o Carnota con 40, e Xallas e Sofán con 38 goles. E na lista de menos batidos, despois do Zas, temos o Xallas, con 18 tantos e o San Lorenzo que recibiu 21 goles. Hai un único clube que non sumou en dazasete partidos non un só punto. Falamos do Lira.San Lorenzo e a Esteirana son os reises do empate, con seis cada un deles.

Como dixemos antes, o Sporting Zas gañou o Louro con catro goles que chegaron no segundo tempo. Marcaron Julián, Ibiza e Braulio (2). E con dous goles de José Ángel e un de Ventura o Xallas vencía en Lira e colócase na segunda praza. E comenzaba mal o ano o Camariñas de Papi. Perdía por 5 a 1 en Miraflores, e aínda que tanto uns coma outros recoñecen que a victoria do Muros foi totalmente xusta, a expulsión de Brais no minuto 35 trastocou os plans dos palilleiros. Nese momento gañaba o Muros por 2 a 1. Logo aumentaron a renta ata o definitivo 5 a 1 . Polo Muros marcaban, Jaro, Brais,Teo e  Sexo(2), e polos visitantes Ismael Mouro.

E parece que se culmina o particular rosario de infortunios do Castriz de Huelvis. Remataban a sequía a costa do Pindo de Sieso. Os goles eran cousa de Cilindro, Noli e Ovidio. E sen facer moito ruído o Sofán sitúase na cuarta praza. Nesta ocasión superaba por 4 a 2 ó Unión Vimianzo.  Pero os de Fran Toba non puxeron as cousas doadas. Adiantábanse cun gol de Ivánd e Treos. Empataba Mario Casal e volvían a poñerse por diante os do castelo, cun gol, de Adrián. Antes do descanso Berti poñías as táboas no marcador. Na reanudación chegaban as expulsións de Bertín, polo Sofán e Amarelle, polo Vimianzo.  E no 65 chegaba o golazo de libredirecto de Miniño. Logo, Berti marcaría o último da tarde. Mellor dito, o último da noite porque o partido comenzara xa a as 7.

E un gol do polivalente Manuel Cartamil empuxa o Fisterra un pouco máis arriba. Este domingo superaban pola mínima ó Porteño, que sufría a expulsión de Piti. Tamén segue sumando o San Lorenzo, que quedaba con oito xogadores no campo das Pedreiras, polas expulsións de Styven, Sergio Fariña e Fran. Os goles dos de Berdillo eran obra de Pablo. Polo desacertado Carnota, marcaba Santi.

A Esteirana chegaba a Malpica sen o seu adestrador habitual nas últimas semanas. José Manuel Lago Dosil “Sil” presentaba a demisión días antes da cita. Finalmente non se movía o marcador e os de Esteiro sumaban un punto que lles sabe a gloria. E victoria do Corme. Nesta ocasión os tres puntos quedaban no Cairo cun protagonista inconfundible, Alejao Cambón. Este futbolista xuvenil anotaba os dous tantos dos percebeiros. Polo Baio, enchufaba, Alberto.