Image
Cando imos chegar o último tercio da Liga, Zas e Xallas destrozan as esperanzas doutros clubes para pelexar polo título.

COMENTARIO DE XOSÉ MANUEL LEMA

Xornada excelente para Sporting Zas e Xallas, que aparte de superar dúas probas complexas a domicilio, beneficiáronse da derrota do Camariñas e do empate de Sofán, San Lorenzo e Malpica..

E os dous acadaron idénticos marcadores (1 a 3) nas súas visitas a Fisterra e Castriz. Con goles de Braulio(2) e Juan Navarro os de Felipe sumaban tres novos puntos.

E nunha tarde de pouco fútbol e moitos desexos o Xallas gañaba o seu segundo partido da tempada contra o Castriz. Jesús adiantaba os verdinegros pero Sebas equilibraba a balanza. No segundo tempo, Carlos a Alberto certificaban a victoria dos de Vicente, que mereceron máis o trunfo que os locais, aínda que non houbo un dominio claro por ningún bando nin excesivas ocasións.

Isto era o sábado. E xa para o domingo tíñamos un apaixoante encontro entre Malpica e Sofán que rematou en táboas. Parece ser que o match foi bastante entretido. Neucha adiantou os da Pedra Queimada e Miniño empataba antes de chegar o descanso.O Sofán perdía unha grande oportunidade de pasar por riba do Camariñas e non perder máis comba con respecto os dous primeiros.

E máis ca de auga fría, o Camariñas recibiu un xarro de auga xeada e unha derrota dolorosa no Platas Reinoso. O Baio vai en progresión e desmontaba de argumentos o equipo de Papi desde o primeiro minuto. Ós 5 minutos Martín MC inauguraba o marcador e Guillermo subía o segundo antes do tempo de lecer. Martín MC era o encargado de decidir froito dunha asistencia de Guillermo. Era expulsado o baiés Álex Cameán.

Tampouco o San Lorenzo lograba avanzar con firmeza na zona alta. Empatou en Esteiro nunha tarde sen goles,  con máis ocasións para os locais e coa expulsión de Adelino.E o Lira sumaba o seu primeiro punto da tempada na Agra da Filgueira fronte o Monte Louro.. Dani marcaba para os de Nieto e nos últimos compases Marco Antonio anotaba un tanto que rompía o maleficio do colista, ata agora con 0 puntos.

A goleada da xornada foi protagonizada polo Carnota de Alfredo Cambeiro, ante un Pindo que non puxo oposición. Marcaban Cololo, Joselu, Miguel Beiro e Nico da Praia(2). Debutaba Rosquilleiro na dirección do Porteño, logo da destitución de Pepucho. Empate a dous goles na Grixa entre os da Ponte do Porto e o Corme. Cousillas e Juan Bello anotaban polos locais e Martín e Diego polos visitantes. Por último, neste domingo de fútbol costeiro, tamén destacaba a victoria do Unión Vimianzo ante o Muros e que consiguen deixar a zona de descenso a 9 puntos, para os de Fran Toba.

Javi Suárez, Jaime, Iván de Treos, Sergio Vilaseco e o propio xogador adestrador Fran marcaban para os unionistas mentras que  Seluco e Aarón mollaban polos muradáns. 5 a 2 para o Vimianzo e lesión de Seluco.