Alfredo Cambeiro

Alfredo Cambeiro

O adestrador do Carnota, Alfredo Cambeiro rexeitou as críticas do técnico do Xallas sobre unha presunta arbitraxe escandalosa en Lombáns.

 

Alfredo Cambeiro cree que non houbo tanta polémica no empate rexistrado entre Carnota e Xallas e arremteu contra o adestrador verdinegro Vicente Pérez Plata, xa que considera que “Escudarse nos árbitros é a excusa máis fácil”

“É o único entrenador que eu coñeza na Liga da Costa que non dá a man o comenzar e o rematar o partido” comentaba Cambeiro desde os micrófonos de Radio Líder. Para este

“Ese home ten moita terra na Habana, e non pode dicir que os ábitros perxudican o Xallas por unhas decisións mínimas”.

Alfredo Cambeiro engadiu:

“Él fai cambios que non teñen sentido e un sistema de rotacións que tampouco teñen sentido, segundo din os directivos do Xallas”.

E tamén chamou “maleducado” a Vicente de deixoulle un consello:

“Que traballe co seu equipo. Vicente é un perfecto maleducado e non sabe onde está”.

RECLAMACIÓN DO XALLAS

Precisamente o Xallas C.F. ven de denunciar ante a Federación unha posible alineación indebida do porteiro Nowita. Cambeiro asegura que a reclamación non terá ningún efecto xa que o porteiro non xogou os cinco partidos co anterior clube, o Lira. De tódolos xeitos haberá que agardar a confirmarción da F.G.F.