Faltan sete xornadas e o Xallas está a catro puntos do Sporting Zas. Pero o míster, Vicente Pérez confía en remontar e conseguir o primeiro posto na Liga da Costa

.

 

Sete partidos coma sete finais.O título da Liga da Costa está no aire. O Sporting Zas ten ventaxa de catro puntos. O adestrador do Xallas, Vicente Pérez Plata está confiado en poder levarse o gato a auga:“Estou moi convencido de remontar e incluso creo que aínda temos margen de pinchar outro partido”.

As súas contas pasan porque “se nos lle ganamos o Zas eles poden perder outro partido”.
“Quedan poucos partidos pero aínda hai liga e eles poden pinchar” comenta Vicente que confesa que a situación actual do seu equipo era máis ou menos a que agardaba cando se iniciou o campionato:”Estou nunha situación coa que contaba estar ó principio da tempada e haber se agora rematamos ben”.