O San Lorenzo reafírmase na terceira praza xunto con Sofán e Carnota, despois de gañar a domicilio o Camariñas.Publicamos crónica e varias fotografías

Segue a actualidade deportiva en Noroeste-Deportivo de Radio Líder. No 107.9 FM desde as 15,00h.

Image

Os de Manolo Sánchez venceron cun arranque moi potente e ante un Camariñas que dou moitas facilidades.No primeiro minuto de xogo chegou o gol inicial para os visitantes, froito dunha xogada entre Cachizo e Javi que culminaría o habilidoso Pablo. Os xogadores palilleiros reclamaron posible fora de xogo.

Image

Case non poideron repoñerse os de Papi e xa chegaba o segundo. Falta cometida sobre Carlos ó borde do área, e o disparo de Styven que se colaba na portería defendida por Rubén Santos. O San Lorenzo seguiu co seu fútbol característico e o Camariñas dispuxo dunha ocasiòn clara cando Ismael logrou entrar dentro do área e dar unha asistencia rematada por Alejandro as mans de Diego.

Image

No segundo tempo, despois da bronca nos vestiarios de Juan Cortés o Camariñas saiu máis enchufado, pero encontrouse  cun equipo visitante serio e que aumentaba a renda o transformar Pablo unha pena máxima. Os poucos minutos, o desacerto local e a pillería de Pablo convertíanse no cuarto da tarde para os bergantiñáns.

Image

Con catro goles en contra foi cando os palilleiros máis loitaron. Maikel puxo en apuros a  Diego e Javi a Rubén. Brais tamén tería a súa ocasión clara. Nos últimos compases marcaba Roco e un tiro do camariñan Nico era empuxado en propia porta por un rival. O Camariñas cambiaba de cara pero xa era demasiado tarde.

Texto e fotografías: Xosé Manuel Lema xmlema@anosacosta.com