ligacostaxallasmuros

ligacostaxallasmurosA xornada da Liga da Costa trouxo un cambio no liderato da competición. O empate do Zas foi ben aproveitado polo Xallas, que se sitúa na “pole position”. O Carnota afiánzase na terceira praza.

O Xallas trouxo os tres puntos de Berdillo. Tres puntos que valen, de momento, un liderato e unha vitamina moral clave. O San Lorenzo deixou que os verdinegros levaran a batuta e buscaban petróleo no contrataque. A xogada decisiva foi un penalti que protestaron os locais e que se encargou de transformar José Ángel.

A victoria do Xallas non foi respostada polo Sporting Zas que empataba na casa fronte o Camariñas. Houbo ocasión de Javi ou Brais polo Camariñas e de Braulio polo Zas. Foi un partido de boas defensas e de traballo pero de excasa definición no último treito do xogo, e onde os porteiros non tiveron demasiado chollo.

Un gol de Charli mantén o Carnota na terceira posición. Os de Cambeiro derrotaban a un Monte Louro afundido na penúltima praza do taboleiro. Falando da zona baixa. Paso adiante da Esteirana que superaba o Pindo. Os de Esteiro xogaban coma locatarios en Miraflores. Adiantábase o Pindo por medio de Fran os 13 minutos, e empataba Adelino. Os locais remontaban gracias a un gol en propia porta. No segundo tempo os de Sil, poñían de novo as táboas no marcador por medio de Kiko, pero era Adelino o que volvía a desequilibrar a balanza definitivamente.

E reparto de puntos na Ponte do Porto. Juan Bello anotaba para o Porteño e Jaime empataba de penalti, Jaime no tempo de desconto. No primeiro tempo saía expulsado o visitante Javi Suárez. Por 3 a 0 vencía o Corme ante o Lira con goles de Rafa Valiña, Martín e Iago.Tamén empate entre Sofán e Muros. Os tantos chegaban na parte inicial e foron obra de Suso Docampo e Gelo.

Xa o sábado, o Castriz perdía en Fisterra. Borja e Bebeto marcaban para os locais e Damián para os visitantes. E o Malpica derrotaba o Baio.