bergantinos O Bergantiños xógase esta fin de semana a súa continuidade na Terceira División de Galicia.

 

A falta dunha xornada a clasificación está así, na parte baixa

 

14- Bergantiños 41 puntos

 

15-Pontevedra B 39

 

16-Somozas 38

 

17-Lalín 37

 

18-Céltiga 31

 

19-Verín 14

 

Xunto cos descensos directos dos tres últimos máis o retirado Ciudad, dous equipos serán víctimas dos arrastres, polo que o os carballeses buscan a victoria no campo de Pardiñas.

 

O Bergantiños sufreu este ano un cúmulo de lesións e adversidades que afectaron incluso o seu adestrador, convelencente dunha operación e que non pode sentarse no banquiño, pero sí ir o campo e marcar as directrices a Molk e Roberto mediante teléfono móbil.

 

“Xogámonos toda a temporada nun partido que ten certo mérito despois de todo o que pasou, pero tamén é unha pena xa que poidemos estar salvados antes” afirmou Manuel Varela Bardanca en Radio Líder

 

Na directiva tampouco gustou a designación do colexiado Aris Arribas, do colexio pontevedrés e que no encontro anterior non agradou os carballeses. Outro dos partidos trascendentais entre Vilalbés e Lalín tamén será asubiado por un trencilla pontevedrés. Dáse a casualidade de que o Pontevedra B é un dos clubes directamente implicados.

 

“Nós se ganamos non dependemos de nadie e estamos salvados. Se temos un resultado peor dependemos do que faga o Pontevedra B. Nos empatando ou perdendo por un gol de diferencia incluso e o Pontevedra B non gaña estamos salvados. Pero temos que ir a gañar para non depender de nadie na fase de ascenso a primeira. Fai moitos anos que non descenden seis equipos”.