sablorenzo Cee, San Lorenzo, Malpica e Dumbría son os catro elixidos que disputarán as semifinais desta Copa.

 

Crónica de Xosé Manuel Lema

 

Catro partidos disputados e catro victorias e domicilio. O Unión Clube Cee acababa coa experiencia copeira do Castriz, con goles de Rivi e Miguel Ribeiro. O adestrador branquiazul José Manuel Pato aseguraba que “fomos moi serios, e tivemos paciencia esperando o momento e o final lográmolo”.

 

O seu rival será o San Lorenzo de Berdillo que despois dun resultado adverso nas Pedreiras daba o sorpasso no Pinguel. Rudi(min 11) dun potente disparo e o veterano Óscar “Terminator” Suárez(43) de cabeza, abortaron as ilusión dos pondalianos, ós que se lle anulou un gol a Charro nos minutos iniciais.

 

A outra interesante eliminatoria medirá o Malpica e o Dumbría. Os de Agilda tamén seguen facendo historia e distanciándose anos luz do ano pasado. Gañaban na Pedra Queimada e este domingo voltaba a gañar en Lombáns. Un gol en propia porta do equipo de Cambeiro empuxou os malpicáns a estar na soñada semifinal.

 

O emparellamento máis descompensado foi o disputado entre Dumbría e Mazaricos. Catro goles no Conco e catro goles na Pedra de Ouro. Todos para os dumbrieses. Adrián “Makaay” facía un hat trick. O outro tanto era en propia porta.

 

OUTRAS CLAVES

 

O Xallas, que eliminou o Cultural de Maniños nos penaltis, xogará a ida da eliminatoria definitiva para o ascenso a primeira autonómica o próximo sábado en Fontenla fronte o Cacheiras as 18,00h. Este domingo o goleador era Pepe. Os verdinegros sufrían a expulsión de Rubén Forján.

 

O Santa Comba C.F. non encontra Presidente. O venres as 22,00 terá lugar a última asamblea despois desta fin de semana, na que a pesares de contar coa presenza duns 30 abonados, ninguén dou un paso firme para relevar a José Gerpe Gesto. “Ché” insistiu en que non vai a continuar no cargo, e de non postularse ningun candidato toda a estructura do equipo laranxa veríase en perigo.

 

Segue a Xosé Manuel Lema en twitter: www.twitter.com/xmlema

ou no seu blog www.cartafoldeneboas.blogspot.com