DSC_0111

No campo do Carral medíronse os pupilos de Óscar e Manolín

 

SAN LORENZO-2-CAMARIÑAS-2-

 

1-0 Carliños

 

1-1 Mané

 

2-1 Marcos Cancela (p)

 

2-2 Sergio

 

 

 

DSC_0096

 

 

 

A CRÓNICA DE XOSE MANUEL LEMA

 

 

 

Por un lado, o cuarto clasificado da tempada pasada. O San Lorenzo de Verdillo, con Óscar “Terminador” Suárez na dirección, e por outro, o séptimo e renovado Camariñas. Un partido potente para comezar o campionato.

 

O encontro foi disputado, cos dous equipos merodeando as áreas rivais pero sen excesivo perigo. Juan O Vello e David para o Camariñas e Carliños para os locais gozaron de ocasións. Notouse que eran dous equipos con dinamita, pero que as máquinas ainda non estaban suficientemente engraxadas. Antes de chegar o descanso.chegaba o primeiro gol da tarde, obra de Carliños, que botou unha falta desde a liña de tres cuartos, que se colocou na portería camariñana ante a falta de reacción da retagarda.

 

 

 

DSC_0087

 

 

 

No segundo tempo o Camariñas de Manolín saiu máis enchufado, e Moriño, que tivo unha actuación excelente, avisou os locatarios. Sería no minuto 14, cando o fisterrán Mané poñía as táboas no marcador, rematando un centro de David. Pouco durou a ledicia. A continuación, Maikel derriba a Alexandre, e sinálase penalti. Transforma o lanzamento Marcos Cancela. O San Lorenzo estivo a piques de noquear os palilleiros, logo dun centro de Alexandre que remata fora o coristanqués Carliños, nunha ventajosa posición.

 

 

 

DSC_0101

 

 

 

O Camariñas empata no 72. Unha xogada de David que pasa a Javi, este ofrece unha deixada a Sergio que ametralla o feudo rival. Javi e Sergio entraran por Mané e Brais. Nos compases finais, o equipo de Manolín foi máis perigoso, aínda que a expulsión de Maikel, fixo que se fixera máis complicada a posible remontada. No tempo de desconto, os de Verdillo perdían a Alexandre.

 

No encontro, Moriño destacou para os visitantes, cun gran traballo de homes como David, Brais Triñanes, ou Juan o Vello (Sergio dou vida coa súa entrada). Polo San Lorenzo, bó traballo da súa defensa, e tamén fixeron unha boa laboura efectivos como Styven, Carliños, ou Cachizo, por citar alguns.

 

 

 

DSC_0094