santacomba2010seniors

Repaso a xornada na Terceira, Preferente e Primeira Autonómica

 

 

 

A tempada empezou na última fin de semana de agosto na Terceira e na Preferente e entón as cousas foron moi ben para o Santa Comba, que lograba vencer o Ourense en Fontenla por 2 a 1. Marcaban Doro e Anxo. Nesta xornada inaugural o Bergantiños empataba a dous goles nas Eiroas, con tantos de Manu Rodríguez e Josiño. O Negreira perdía na Estrada e o Cerceda gañana en Somozas.

 

 

 

Pero esta fin de semana cambiaron as cousas. O Santa Comba viña coas cores vermellas na cara logo de perder por seis goles o cero en Narón. En dúas semanas parece que vimos a dous clubes distintos.E tamén derrota do Bergantiños en Ordes. Os de Varela Bardanca perdían no minuto 28 a Adrián por expulsión, cando ían perdendo por un gol. O baiés Guillermo Calabanda marcaría o segundo para os locais e reduciría distancias Fiuza. A outra cara da moeda foi o Negreira. Gonzalo e Nacho asinaban a acta da victoria ante o Rácing de Ferrol. E o Cerceda xa leva seis puntos. Esta vez cun gol no tempo de desconto de César Otero.

 

 

 

O XALLAS COMENZA A TEMPADA CON VICTORIA

 

 

 

E chegaba a segunda xornada na Preferente. Lembremos que na primeira xornada Laracha e Soneira empataban sen goles e o Dubra caía na casa fronte o Dubra. Nesta ocasión o Soneira descansaba. O Laracha vencía no Castro con pobrete goleador de Adriano e o Dubra volvía a perder, esta vez en Boiro por dous goles a cero.

 

 

 

E comenzaba a rodar o balón na Primeira Autonómica. Este ano con Xallas, Dumbría, Sporting Zas e Cee como representantes. Os de Santa Comba, dirixidos por Iván Cancela daban o primeiro paso adiante. O rival foi o San Tirso. Marcaban os irmáns Forján. Primeiro Rubén e despois Iván. Foi a única victoria a do Xallas, porque o Dumbría empataba no Conco contra o Arteixo. Os de López Canosa remontaban no segundo tempo o tanto inicial de Adolfo con dúas dianas de Adrián, pero o xarro de aiga fría chegaba no tempo de desconto e de penalti. O Cee non traía nada positivo de Perlío. O gol dos da Xunqueira era obra de Llanero.O resultado do Sporting Zas tamén era negativo. Perdían pola mínima en Vizoño.