Xallasdos

“O noso obxetivo é salvarnos” afirman desde o Xallas C.F.

 

O Xallas C.F. comenzou ben a tempada coa chamada media inglesa. Victoria na casa e empate fora. O domingo reciben o Victoria, nun partido que comenzará a disputarse en Fontenla desde as 18,30h.

Aínda que todo pode pasar, desde a plantilla queren lanzar a idea clara de que esta tempada o obxetivo é aguantar na primeira autonómica. Así o ve o cancerbeiro Cheli:

“Un equipo que ascende o primeiro que busca e manterse. O obxetivo da plantilla e salvarnos. Somos realistas e sabemos que vai a ser unha tempada difícil”.

 

Cancela cree que hai equipo para “salvarnos sen apuros”

 

Despois da etapa de Vicente, Iván Cancela tomou os mandos técnicos da nave. As súas reflexións son similares as de Cheli:“Hai que asentarse na categoria temos moita xente nova o primeiro obxetivo e salvarse”. Despois, xa veremos.

Non obstante, Cancela está convencido de que o Xallas “ten un equipo para salvarse sen apuros”. Cando lle insistimos pola posibilidade de pelexar novos retos comenta: “Primeiro hai que sumar 45 puntos e despois falamos do resto”.

 

FOTO DA TEMPADA 2009-2010