DSC_0242

O Camariñas é o novo líder, acompañado por Fisterra, Sofán e San Lorenzo.

 

O Camariñas pasou coma un ciclón polo campo de San Pedro, en plenas festas das Dolores e golpeando a un Castriz que terá que poñerse as pilas para non perder a comba. O comezo foi igualada pero na media hora de xogo, o colexiado Mazaira Rodríguez sinalou un penalti de Mauri sobre Moriño, que se saldou coa expulsión do xogador e o primeiro gol. O penal foi executado por Mané. No primeiro tempo as cousas quedaron así pero na volta chegaría o gol de Javi que rematou un centro de David e xa todo foi coser e cantar. No terceiro tanto, o fisterrán Mané transformaba un libre indirecto, e para rizar o rizo Peski enchufaba un tiro desde uns 35 metros por toda a escadra. A puñalada final sería o que completaría a tarde do killer Mané, e o seu hat trick particular. O Camariñas segue a súa racha e o Castriz suma dúas derrotas consecutivas na casa.

 

DSC_0262

 

Algo similar sucedeu no Pinguel. O Ponteceso adiantábase por medio de David Abelenda, e no minuto 24, o carnotán Demetrio derrúba a Nando, sae expulsado e sinálase unha pena máxima que materializa Luisete. Antes de chegar o descanso chegarían dous novos goles de Luisete e un de Charro. Cinco goles a cero e se en San Pedro estivo Mané, aquí o hat trick foi asinado por Luisete.

 

la foto

 

E un partido que despertaba certa expectación era o que disputaban Fisterra e Sofán, ambos tiñan seis puntos. Houbo reparto de puntos nun partido emocionante que nos dí que haberá que ter en conta tanto os de Manolo Santos coma os de David Baña. Os goles chegaron no segundo tempo. Primeiro o do fisterrán Julito, respostado por Mario. O Sofán tomaba a iniciativa por medio de Juanjo Rabuñal pero Manoliño igualaba.

 

E non debeu desmerecer o visto nas Pedreiras de Verdillo. O Club do Mar truncou a súa racha pero non puxo as cousas doadas os de Óscar. Incluso os cinco minutos de encontro, Abel poñía por diante os de Caión, pero antes do descanso chegaron os tantos de Cachizo, Álex, e Jorge Pichel. Brais acercaría os visitantes pero finalmente os tres puntos quedaron na casa.

 

E non quedaron contentos os da Ponte do Porto. Perdían despois de varios minutos de desconto por un gol de Iván de Treos, que consideran que estaba en posición irregular e sufrían a expulsión temperán de Manolo Pastoriza e nos últimos sospiros de Iván Chans. Parece ser que o Porteño mereceu algo máis que unha derrota na casa pero o fútbol é así, e a victoria foise para Vimianzo.

 

Baio e Buño repartíronse os puntos e ambos están nunha cómoda posición con cinco. Neste partido marcaba Pirucho para os locais e Víctor Pardiñas para os oleiros. O camariñán Pirucho era expulsado no minuto 33.

E outro empate. O da Pedra Queimada entre Malpica e Muros. Contánnos que foi un bó partido con diversas oportunidades como as que tiveron David Blanco e Piti. O primeiro en marcar foi Neucha de penal. O Malpica sufría no minuto 60 a expulsión de Casais e no tempo de desconto igualaba Yanky.

Tamén empataron Esteirana e Corme no campo que leva o nome do querido José Luís Vara. Primeiro marcou o percebeiro Alejandro e outro compañeiro, Adolfo empataba cun gol en propia porta. Cajulo anotaba o segundo dos de Esteiro e no tempo de prolongación, sinalábase un penalti sobre o habilidoso Alejandro e Iago empataba.

 

E victoria do Pindo cun gol de Aitor que culminaba unha falta botada por Miguel de Lira, e deste xeito inauguraba con tres puntos o casilleiro dos carnotáns a costa do Dumbría B que segue cun punto.

 

DSC_0253

 

 

FOTOS CASTRIZ-CAMARIÑAS E PONTECESO-CARNOTA