DSC_0132

Por Xosé Manuel Lema

 

Non houbo sobresaltos nesta xornada onde os catro primeiros volveron a sumar de tres. Aínda que sí había un emparellamento directo e déronse un par de teóricas sorpresas. A atención estaba o sábado en Paiosaco. Alí o Club do Mar de Caión superaba o Sofán, nun encontro afectado polos efectos do vento. Abel e Alberto marcaban para os locais mentres que Bertín transformaba un penalti nos minutos finais, nun partido que foi igualado e no que posiblemente as táboas serian o resultado máis xutso.

Agora o Club do Mar está empatado a puntos co líder Camariñas, que cumpría co previsto fronte o Unión Vimianzo. Recuperado da súa lesión, Mané sumaba dúas dianas. Tamén anotaban Antelo e Adrián Negro. O gol visitante era obra de Lagoa. Os unionistas sufriron a expulsión de Camilo no minuto 32.

 

DSC_0118

 

Victorias do Fisterra e do Ponteceso. Os do Ara Solis beneficiábanse dun gol de Roco no tempo de desconto. O seu cabezazo a un centro de Borja Santos. Botou por terra todo o traballo do Malpica. E os pondalianos vencían o Porteño con dous tantos de Luisete. Polos da Ponte do Porto, marcaba Cousillas.

E imos coas sorpresas, por deci-lo dalgún xeito e sen quitar méritos os vencedores. O Pindo gañaba nas Pedreiras. Adiántábase o San Lorenzo por medio de Jorge no minuto 55, e pouco despois empataba Rafa. No 75, Rivas poñía por diante os visitantes. En dez minutos os locais quedábanse sen tres homes por expulsión: Steven, Adrián e Recarey. Nos minutos finais, Aitor culminaría o trunfo do equipo que adestra Sil.

 

E a Esteirana vai camiño de ser un clube máis rentable a domicilio. Nova victoria lonxe de Esteiro. Esta vez ante o Baio. Foi suficiente un gol de Mingos a media hora de partido. Nas terras de Castriz, xa ven como o seu clube encadea victorias e fuxe da increible zona baixa na que se atopaba. Os de Huelvis sumaban tres puntos en San Pedro a costa dun Buño que non se pode dicir que non pelexara. Alberto e Alejandro eran os goleadores.

Outra situación irregular é a do Muros, que parece que mostra síntomas de recuperación. A vítima neste caso era o Corme, que agora tutea cos postos baixos.. Bibi(2) e Yanki marcaban polos locais e Iago polos visitantes. E segue a complicarse a vida o Carnota, de colista e o único clube da categoría que aínda non sabe o que é gañar. Perdían fronte o Dumbría B. O Carnota pagou cara a expulsión de Miki no minuto 5. pese a iso o partido foi disputado e houbo goles. Adiantou o Dumbría B, Miguel Poyo, empatou Nico Alvarado. No segundo tempo Miguel Poyo e Tantán xestaban o tirón dos visitantes e Nico Alvarado acercaba os de Lombáns, pero outra vez non sería posible cambiar o signo da derrota.