Copa Deputación, amistoso Castriz-Camariñas e fichaxe de Damián Rodríguez e Nené.

 

 

 

Tódalas información deportivas de Anosacosta e outras máis pódense ampliar no novo blog

 

www.futbolnacosta.blogspot.com

 

O Xallas de Santa Comba e o Bergantiños lograron superar esta fin de semana a súas eliminatorias da Copa Deputación.

 

Soneira-1-Xallas de Santa Comba-3-

Dumbría-0-Bergantiños-2-

 

 

 

Damián Rodríguez ficha polo Negreira

 

O Negreira acaba de fichar para o seu equipo la Liga Galega xuvenil ao futbolista Damián Rodríguez Busto(Baiñas,1997) que na última tempada xogou do Dumbría cadete. Nesta campaña o clube que preside José Manuel Pequeño logrou o ascenso a Divisón de honra. Damián asinou 19 goles.

 

Damián formouse nas escolas deportivas do concello de Vimianzo, e militou no Bergantiños C.F., xogando na liga galega infantil e na Divisón de honra cadete

 
 
 
 
 
 Nené regresa a un ambicioso Camariñas
 
Despois dunha tempada na terceira autonómica co Porteño, co que conseguiu o ascenso, Nené volve a súa terra natal, para reforzar o novo proxecto de Berto Suárez, no Camariñas de Primeira Autonómica. Este dianteiro polivalente, que aínda é xuvenil compaxinará a Primeira Autonómica, coa participación no equipo xuvenil que adestrará Pirucho.
 
Xosé Manuel Lema Campaña(Camariñas, 1995) xogou nas categorías base do concello de Vimianzo, do Ponteceso e tamén no Bergantiños onde formou parte do equipo da Liga Galega cadete, chegando a xogar no equipo xuvenil de Liga Nacional. Tamén estivo nos xuvenís do Camariñas, debutando con 15 anos na Liga da Costa  da man do adestrador Papi e contando neste equipo no proxecto dirixido por Manolín.