Este mércores encontro en Fontenla contra o Somozas.

 
Un día despois de que o clube eliminara ao Soneira na Copa Deputación (1-3 con goles de Darío Capelo, Marquiños e Alfonso) o presidente do Xallas de Santa Comba pechaba un convenio co centro hospitalario Policlínico La Rosaleda.
 
Grazas a este acordo, os socios beneficiaránse de descontos dun 20% nos servizos médicos deste centro. José Manuel Pérez Gorgal calificou este convenio de “importante” e “ interesante para os socios do Xallas”.
 
Gorgal tamén avanzou que o vindeiro sábado 17 de agosto terá lugar o acto de presentación das distintas categorías do XSC, nun acto que se desenvolverá no campo de Fontenla.
 
Este mércores disputaráse unha nova eliminatoria da Copa Deputación. O Xallas de Santa Comba C.F. recibirá o Somozas.
 
Estamos pendentes de confirma-la hora que poñeremos aquí