Para o presidente da S.D. Castriz o XSC é favorito pero advirte que os seus xogadores están moi motivados.

 

 

O Presidente da Sociedade Deportiva Castriz é consciente de que xogan a semifinal da Copa da Costa contra “un equipo de Preferente” que ten “xogadores con moito oficio”, pero advertiu que van a espremer ao máximo as súas posibilidades  de vitoria que calcula “nun 30 ou 40 por cento”.

 

Manuel García asegurou na sintonía do programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas que “os nosos xogadores na Copa da Costa van noutra marcha e están supermotivados” e que chegan ao “derby” xalleiro “con toda a ilusión do mundo” aínda que será unha eliminatoria “máis que complicada”.

 

 
 “A ver se somos capaces de xogar outra final” 

 

“A ver se somos capaces de xogar outra final” dixo García Cancela, que está moi “contento” polo excelente partido que ofreceu o seu equipo no Platas Reinoso de Baio. Pensa tamén que é unha pequena “vantaxe xogar primeiro na casa”.

 

Aconsellou aos seus xogadores que “teñan a cabeza tranquila e que fagan o que teñen que facer, porque vai ser un partido quente” expresando o seu desexo que o encontro que se vai a disputar o vindeiro domingo, as 18,00h en Castriz.

 

Escoita a Manuel García Cancela

 

 http://www.ivoox.com/na-encrucillada-10-xuno-2014-audios-mp3_rf_3206964_1.html

 

 

Desde o minuto 59 de emisión