|
Torneo de Nadal para o Santa Comba |
|
lunes, 28 de diciembre de 2009 |
 O Santa Comba C.F. conseguía o Torneo de Nadal que se disputaba o pasado sábado no campo do Castriz.
No faltou nin o churrasco, nin a música nin unha importante presencia de personas que se achegaron a esta cita. E por suposto tamén houbo fútbol. No apartado deportivo, era o Santa Comba o que gañaba o Torneo, cunha victoria e un empate.
Este foron os resultados: Xallas-1-Castriz-1- (Carlos) (Jota) Santa Comba-3- Castriz-2- (Doro, Diego, Adán) - (Noli, Damián) Santa Comba-1- Xallas-1- (Adrián) (José Ángel) Santa Comba, 4 puntos, Xallas,2, e Castriz,1. Ademáis noutro encontro os veteranos de Terra de Xallas superaban por 3 a 2 os do Castriz. |