Novas

Estreo con victoria

Por o 22 febrero, 2010

Foto:Xicos

Foto:Xicos

Comenzou o campionato galego de ralis coa III edición do rali comarca da Ulloa. Un rali cun percorrido de 305 Kms dos cales 95.2 Kms serían cronometrados, realizandose nun total de 10 tramos. A pesar dun tempo tan hostil, moitísimo frio e algunha que outra gota, a afluencia de público foi masiva.

Destacar que foi un rali sen incidentes salientables e que discorreu con normalidade a pesar das numerosas saídas dado o resbaradizo que estaba o terreo.

No eido deportivo Alberto Meira e Alvaro Bañobre acadaron o primer caixón do podio no seu estreo co Mitsubishi Evo X. Esto produciuse despois de un día de dura loita con Pedro Burgo e con Ivan Ares ambos con sendos Mitsubishi Evo IX. Sen duda Ivan Ares foi a grata sorpresa deste rali, estando nos postos de podium todo o día ata que tivo que abandonar no penultimo tramo debido a rotura do diferencial traseiro. Neses intres ocupaba o segundo posto a escasos 28 segundos de Meira.

O actual campión galego, Pedro Burgo, realizou un rali moi destacable tendo un pinchazo no cuarto tramo que lle fixo perder máis dun minuto, e a ter que apretar moito nos tramos da tarde para non caerse do podium, no cal finalizou segundo.

Outro estreo destacado foi o do asturiano Jonathan Pérez a bordo dun Peugeot 207 S2000, que finalizou un rali de
menos a máis chegando a gañar nos dous últimos tramos do día e acadando o terceiro posto da xeral.

Tamén foi salientable o cuarto posto de Luis Vilariño, cun Renault Megane Kit Car, nun terreo pouco propicio para os traccións dianteiras. No quinto posto situose Alejandro Pais, Mitsubishi Evo IX, e no sexto posto colocouse un reaparecido Bamarti, Peugeot 306 Maxi, que foi de menos a máis aínda que notou moito a falta de actividade, case leva dous anos sen correr.

Dentro deste Top Ten tamén compre mencionar a Victor Magariños, cunha meritoría décima posición, cun BMW M3-E30, sen duda unha estupenda noticia pois xa facía tempo que o espectacular Magariños non tiña a sorte de poder rematar unha carreira, na súa explosiva máquina.

Foto:Xicos

Foto:Xicos

COPAS:

No copa Tep Top Driver Pirelli o vencedor, ademáis de campión da xeral, foi Alberto Meira, seguido de Alejandro Pais e no terceiro escalón situose Javier Cousiño.

No competidisimo Volante Racc a victoria foi parar a mans de Martín Bello, Citroen C2, seguido de Alberto Otero, Peugeot 206 Xs, que foi unha das grandes sensacións da proba, indo moi forte durante todo o día. O terceiro posto sería para os irmans Iglesias, Citroen Saxo VTS.

Na Copa Kumho a victoria foise para Pablo Silva nun Citroen Saxo VTS, segundo posto para Ruben Guerreiro, Peugeot 106 Rallye, e terceiro posto para Edgar Vigo nun Honda Civic.

No trofeo dos debutantes o Curuxarallye-Piston Cup o gañador foi Pedro Villar nun BMW 323, moi meritorio este debut dado as condicións do terreo e a máquina en cuestión. Sergio Tabeayo, Peugeot 206, e Sergio Gonzalez, Fiat Punto HGT, ocuparon o resto dos caixóns do podio deste trofeo.

Clasificación xeral:  http://www.temposfga.com/content/ulloa10/index.html

Rematado este primeiro rali do campionato, a seguinte cita será o Rali do Cocido para o vindeiro mes de Marzo polas terras da comarca do Deza, que ten pinta de presentarse cun bo nivel de inscripción.
Felicitar a escudería organizadora Comarca da Ulloa e a toda a xente que colaborou para poder levar a cabo esta proba.

Vémonos en Lalín.

Agradecementos Jesús Martínez e Xicos.

Comentarios

Comentarios

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.