PUBLICIDAD
| “É unha moción motivada por intereses persoais” |
| Miércoles, 22 de Febrero de 2012 19:22 | |||
|
Pensa que finalmente prosperará a moción de censura de PP e BNG.
O alcalde de Cee considera que máis que un proxecto político, detrás da moción de censura, están os intereses persoais de Zaira Rodríguez(PP) e Daniel Oca(BNG) e lembra que “xa dixen na campaña que era perigoso que os líderes políticos non tiveran nin oficio nin beneficio”, matizando que no caso de Rodríguez e Oca que “cerca dos corenta anos, non teñen máis adicación ca política”.
En declaracións o programa matinal, que conduce Olga Vilar en Radio Obradoiro, Ramón Vigo asegurou que “a sociedade de Cee está estupefacta” e que non hai motivos para a moción de censura, que cree que a pesares da postura da executiva nacional BNG, a mesma sairá adiante.
Vigo Sambade tamén destacou que nos pasados comicios “o pobo duplicoume o apoio en votos”, e que seguirá traballando desde a oposición e que tanto PP coma BNG recibirá “o castigo oportuno nas urnas”.
Insiste en que se trata dun pacto “antinatura” entre dúas forzas “antagónicas e con posicións distantes”.
Séguenos en twitter – @anosacosta
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









