PUBLICIDAD
| O BNG entregará a alcaldía de Cee ao PP |
| Viernes, 10 de Febrero de 2012 09:24 | |||
|
Salvo sorpresas improbables, o PP anunciará mañá a súa disposición. As negociacións que levaron a cabo PP e BNG para desaloxar da alcaldía ó independente Ramón Vigo Sambade xa están pechadas e agora só falta o vistó bó dos populares, que se reúnen este sábado co presidente provincial, Carlos Negreira, que ratificou que o seu partido era partidario de que gobernasen as listas máis votadas pero que non estaban dispostos a dar “cheques en branco”.
Salvo sorpresas de última hora, en Cee dárase unha situación novidosa. Que os votos do BNG poñan no sillón da alcaldía a conservadora Zaira Rodríguez Pérez. Iso sí, Baixo ao rexeitamento da dirección nacional do BNG.
Así as cousas, os tres concelleiros nacionalistas serán posiblemente expulsados da formación, o que poría a estes concelleiros nunha situación complexa, fóra do partido e coa Lei Antitranfuguismo as súas costas.
O alcalde, Ramón Vigo Sambade anunciou a súa vontade de continuar na vida política coa intención de volver a presentarse no 2015. Pensa que moita xente non entende o paso que están a piques de dar PP e BNG. Un acordo o que definiu de “Pacto polo Empleo” en referencia o rumor sobre a posible contratación con fondos municipais do edil Daniel Oca.
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









