PUBLICIDAD
| “O PP leva tres anos sen rascar bola” |
| Miércoles, 04 de Enero de 2012 10:59 | |||
|
O BNG da Costa da Morte critica a xestión do PP. O BNG da Costa da Morte fai unha valoración negativa das “escasas actuacións políticas” aplicadas polo PP da Xunta nesta lexislatura e recalca que “o aumento do desemprego e da emigración, e a situación dos desérticos parques industriais son os principais problemas da nosa comarca”.
Os nacionalistas inciden nos “continuos retrasos” que atribúen a obras como a autovía de Carballo ou o peirao de Brens. Para o responsable comarcal Óscar Insua O PP na Xunta segue sen comprometerse coa nosa comarca, vendeu e segue vendendo fume, e o exemplo máis clarificador é o pantasmal Plan Revive do conselleiro de Economía e Industria, ¿onde están os 25 millóns de euros do plan?¿ú-lo plan? Puro fume de leña verde”.
“O PP segue sen adoptar medidas, levan tres anos na Xunta sen rascar bola” asegura Insua, que lamenta que non se poñan a andar “as competencias en política de emprego”. Pídenlle a Xunta de Galicia que “sexan máis respetuosos coa nosa comarca non nos tomen máis o pelo con falsas promesas”.
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









